Monday 29 de April de 2024

Mar e música fusiónanse na festa en catamarán previa ao Entrebateas


O festival Entrebateas regresará a comezos do mes de setembro cun cartel repleto de metal e rock.

Como antesala, no 7 de agosto celebrarase unha festa pola ría da Arousa amenizada por Fran Velo como DJ. O embarque no catamarán iniciarase ás 17.00 horas no peirao vello para, deseguido, navega-la costa da Pobra do Caramiñal durante tres horas.

As entradas xa se poden adquirir en www.entrebateas.com, no apartado Summer Party, cun prezo de 10’18 euros.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a asociación cultural Xente ás Leiras.